Actuación de títeres Cachirulo en Xove
A Concellería de Cultura do Concello de Xove organizou para hoxe a segunda actuación dentro do Programa LER CONTA MOITO, programa patrocinado pola Concellería de Cultura e dirixido ás Bibliotecas Públicas co fin de promocionar a lectura e todo o relacionado co mundo das bibliotecas.
Das tres actividades programadas polo noso Concello dentro de Ler Conta Moito, o pasado luns 29 de abril tivemos a primeira adicada aos rapaces/as do IES Illa de Sarón e hoxe tivemos a segunda, na que participaron alumnos/as dende 3 anos ata 4º de primaria do CEIP Pedro Caselles Rollán de Xove; concretamente foi o GRUPO TÍTERES CACHIRULO que puxo en escea “ALICIA NO PAÍS DAS MARABILLAS”, unha proposta de teatro de títeres que se desenvolveu hoxe a partires das 12:00 horas no Salón de Actos do Centro Cívico de Xove.
Realización dunha representación do espectáculo “Alicia no país das marabillas”, baseada no relato de Lewis Carroll Alice’s Adventures in Wonderland. Recréanse momentos da historia e nos introduciremos no marabilloso mundo da nosa propia imaxinación. Hai xogos cos espazos, mundos paralelos, transformacións dos personaxes, labirintos, castelos de naipes e gatos que desaparecen. A representación, baseada na famosa obra do matemático e escritor británico Charles Lutwidge Dodgson, máis coñecido baixo o pseudónimo de Lewis Carroll, está a disposición dos usuarios nas bibliotecas da Rede de Bibliotecas de Galicia, polo que, con esta función de marionetas quérese invitar aos participantes a que amplíen esta experiencia consultando ou lendo a obra, xa sexa por primeira vez ou retomando lecturas anteriores do que xa é todo un clásico dentro da literatura infantil.