Actos vandálicos na pista de pádel de Lestrove
Dende o Concello de Dodro informamos ós veciños de que esta semana produciuse un novo acto vandálico nas instalacións deportivas do noso concello. A instalación afectada foi a pista de pádel de Lestrove, a que apareceu ó pasado mércores sin a rede. Ademáis sufriu desperfectos o sistema de fixación da mesma.
Debido a isto a pista non poderá estar a disposición dos veciños ata que se instale a nova rede, que se estima que será a vindeira semana. Unha verdadeira magoa, xa que coincide coa chegada dunhas condicións climatolóxicas adecuadas para que os afeccionados ó pádel poidan prácticar e disfrutar da instalación.