publicidade hoxe

Acto de homenaxe das Letras Galegas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalPaderne
A-
A+
Acto das Letras Galegas

Acto das Letras Galegas

Cos sons das gaitas, abriuse o programa de actos que o departamento de cultura do Concello de Paderne preparou para a celebración do “Día das Letras Galegas” do pasado 17 de maio; celebración que se realiza na praza do Campo da Escola en Insua, Viñas, desde que César Longo fixese desta data unha referencia cultural para as xentes de Paderne.

A pesares do frío e choiva que acompañaron ó día, encheuse a carpa que permitiu que todos os presentes puidesen estar xuntos disfrutanto a pesares das inclemencias do día.

Nunha xornada tan emblemática para a cultura, encheuse de contido coas palabras da Concelleira de Cultura dedicadas a Roberto Vidal Bolaño; a continuación tivo lugar a intervención do Alcalde que, ademais de facer unha apoloxía da nosa lingua, deleitou a tódolos presentes cun fragmento da obra “Touporroutou da lúa e do sol” que fixo conter as risas á maioría dos presentes.

Unhas pezas da coral e o Himno Galego, completaron a programación para dar paso logo a unha distendida charla entre os veciños.

24 de maio de 2013 | 10:30 • Sen comentarios

Comentarios pechados.