publicidade hoxe

Actividades culturais do Concello de Rianxo para a fin de semana

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioLocalRianxo
A-
A+

As propostas culturais que se desenvolverán a vindeira fin de semana na Área de Educación, Cultura e Normalización Lingüística do Concello de Rianxo.

Venres 3 de maio

20.30 horas – Centro Sociocultural-Auditorio de Rianxo

INAUGURACIÓN DA EXPOSICIÓN DE PINTURA RETROSPECTIVA DE MANUEL LESENDEDende o 3 de maio ata o 2 de xuño poderán visitar a exposición de pintura Retrospectiva do rianxeiro Manuel Lesende.

Sábado 4 de maio 

De 16.30 horas – de Catoira a Rianxo

TODOS/AS CON FAUSTINO REY ROMERO: PERCORRIDO POÉTICO POLA RIBEIRA DO ULLÁN. Máis información
Andaina poética dende o andén da estación de Catoira ate o Souto de Isorna, con paradas naqueles lugares nos que o poeta deixou a súa pegada rematando cun acto no Parque do Souto de Isorna con Entrada musical – presentación e introdución do acto – intervención de don Alberto García García, alcalde de Catoira e don Adolfo Muíños Sánchez, alcalde de Rianxo – recital poético galego – peche do acto coa interpretación do Himno Galego a cargo da Coral Abraia de Asados
O acto está organizado pola Plataforma Cultural Galega baixo a coordinación de Xosé Agrelo e coa colaboración do Concello de Rianxo, o Concello de Catoira, o Centro Cultural Simón Varela de Asados e o Cadro Artístico Airiños.

20.30 horas – Auditorio de Rianxo

TEATRO BailadELAS de Roberto Vidal Bolaño a cargo de Teatro do Antroido.BailadELAS: Mulleres Bolañesas de Roi Vidal sobre textos de Roberto Vidal Bolaño e dirixida por Xavier Estévez coa interpretación de Laura Ponte.
Está destinada a persoas maiores de 12 anos.As entradas custan 5 € e poderanse retirar unha hora antes do comezo da representación.
 
Luns 6 de maio

18.15 horas – IES Félix Muriel de Rianxo

OBRADOIRO CREATIVO “Entre a páxina e cadro, entre palabra e imaxe” a cargo de Chiara Bertin.Desenvolverase o próximo luns 6 de Maio, entre as 18.15 e as 20.15 horas no IES Félix Muriel de Rianxo; está destinado a todas as persoas interesadas en participar. As cales terán que inscribirse, antes do 4 de maio, previamente cubrindo a ficha de inscrición  ou enviala por correo electrónico a cultura@concelloderianxo.es co asunto obradoiro de Chiara Bertin. Ademais, antes do obradoiro, entre as 17.10 e 18.00 horas, Chiara Bertin manterá unha conversa co alumnado do Instituto arredor da creación contemporánea e as diferentes prácticas artísticas. Esta conversa está aberta a todas aquelas persoas interesadas sen previa inscrición. A actividade está organizada por Axóuxere Editora co cofinanciamento do Concello de Rianxo.
 
Mércores 8 de maio

16.30 horas – Escola de Outeiro-Taragoña

CLUB DE LECTURA INFANTIL DA ANPA DO CRA DE RIANXO. O club de lectura infantil organizado pola Anpa do Cra de Rianxo previsto para o mércores 8 de maio, ás 16.30 horas, será na ESCOLA DE RAÑÓ-LEIRO. Despois da xuntanza realizarase unha excursión polos arredores da escola visitando os lugares singulares do lugar

2 de maio de 2013 | 19:15 • Sen comentarios

Comentarios pechados.