publicidade hoxe

Actividades conmemorativas do Día das Letras Galegas no Concello de Vedra

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalVedra
A-
A+

O domingo 19 de maio no Centro Social da Terceira Idade Certame de Cantos Tradicionais Galegos con motivo do Día das Letras Galegas. O 24 de maio ás 21:00 h a Asoc. Cultural San Campio organiza o Serán das Letras “Homenaxe a Roberto Vidal Bolaño”. Entrega de premios da II Concurso de Literatura Infantil e Xuvenil do Concello de Vedra. que con motivo da celebración do Día das Letras Galegas o departamento de cultura do concello de Vedra organiza.

Certame de Cantos Tradicionais Galegos con motivo do Día das Letras Galegas

Domingo 19 de maio ás 18:00 h.

LUGAR: Centro Sociocultural da Terceira Idade

Coa participación de:

– Coro San Simón de Cacheiras.

– Coral Polifónica de Santa Cruz de Ribadulla.

– Coral da Terceira Idade de Vedra.

A Asociacion Cultural San Campio organiza o Serán das Letras “Homenaxe a Roberto Vidal Bolaño”

24 de maio ás 21:00 h. nos Furanchos de San Miguel de Sarandón.

Celebración das letras galegas. Encontro de pandereteiras, foliada aberta. Ademáis exposición, interpretacións de teatro, charla sobre o autor…

Coa colaboración da Asociación Raiceiros.

Entrega de premios do II Concurso de Literatura Infantil e Xuvenil do Concello de Vedra

Con motivo da celebración do Día das Letras Galegas o departamento de cultura do concello de Vedra organizou o II Concurso de Literatura Infantil e Xuvenil e nos próximos días farase entrega dos premios os ganadores.

16 de maio de 2013 | 17:34 • Sen comentarios

Comentarios pechados.