Acordos do pleno da Deputación de Ourense do 31 de maio de 2013
Aceptar Renuncia DE DON JOSÉ MANUEL FREIRE COUTO Á PRESIDENCIA DO INORDE, con efectos do día 31 de maio de 2013.
Designar Presidente DO INORDE
Acordo: Designar a don José Manuel Baltar Blanco como presidente do Instituto Ourensán de Desenvolvemento Económico (INORDE) con efectos do 1 de xuño de 2013. O desempeño do dito cargo terá carácter gratuíto e non dará dereito á percepción de ningún tipo de retribución.
Aprobación da MOCIÓN SOBRE A RESIDENCIA DE TEMPO LIBRE DO CARBALLIÑO
Acordo: O Pleno da deputación diríxese á Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia para que acometa un estudo de optimización da Residencia do Tempo Libre para que esta permaneza aberta durante todo a ano, e dese xeito, garantir un emprego digno e de calidade.
Ratificar o CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTE A XUNTA DE GALICIA, A FEGAMP E AS DEPUTACIÓNS PROVINCIAIS EN MATERIA DE EMERXENCIA E PREVENCIÓN E DEFENSA CONTRA INCENDIOS FORESTAIS, PARA A CREACIÓN E IMPLANTACIÓN DOS GRUPOS DE EMERXENCIA SUPRAMUNICIPAIS.
Adoptase o seguinte acordo: Ratificar a subscrición do convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia, a FEGAMP e as deputacións provinciais en materia de emerxencias e prevención e defensa contra incendios forestais, para a creación e implantación dos Grupos de emerxencia supramunicipais. Autorizar expresamente a distribución das anualidades de gasto correspondentes á Deputación Provincial de Ourense conforme co establecido no dito convenio. Establecer que o libramento dos fondos se realice a favor dos concellos que sexan sede dos grupos de emerxencia supramunicipais, nos prazos previstos na súa cláusula sétima 1. apartado 4. A xustificación dos fondos levarase a cabo conforme coas mesmas previsións establecidas para a xustificación dos fondos achegados pola Xunta de Galicia, no anexo IV, apartado 7 do convenio.
Aprobar MODIFICACIÓN DA BASE 2ª DAS BASES DE EXECUCIÓN DO ORZAMENTO DO INORDE PARA O EXERCICIO 2013.
Acordo: Aprobar inicialmente a modificación da base segunda das bases de execución do orzamento do INORDE para o exercicio 2013, integrado no orzamento da Deputación Provincial, co seguinte contido: Suprímese o parágrafo no que se regulaba a dedicación exclusiva do presidente do INORDE, que queda sen contido. No réxime de asistencia a sesións dos membros con dedicación exclusiva, engádese o seguinte texto: “para estes efectos, os deputados provinciais que desempeñen o seu cargo en réxime de dedicación exclusiva na Deputación Provincial, non poderán percibir ningunha cantidade en concepto de asistencia aos órganos do INORDE de que formen parte”.
Aprobar A SUSCRICIÓN CONVENIO DE COOPERACIÓN FINANCEIRA ENTRE AUGAS DE GALICIA, A DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE OURENSE E O CONSORCIO DE AUGAS DE VALDEORRAS, PARA XESTIÓN DO SERVIZO INTERMUNICIPAL DELEGADO DE DEPURACIÓN DE AUGAS RESIDUAIS NA COMARCA DE VALDEORRAS
É obxecto deste convenio establecer as condicións básicas para a colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia, a Deputación Provincial de Ourense e o Consorcio de Augas de Valdeorras para a prestación da cooperación financeira necesaria na xestión do servizo intermunicipal delegado de depuración de augas residuais na comarca de Valdeorras para a compensación do déficit da explotación do servizo intermunicipal.
Aprobar EXPEDIENTE N.º 3/2013 DE MODIFICACIÓN DAS BASES DE EXECUCIÓN DO ORZAMENTO PARA O ANO 2013
Acordo: Aprobar a modificación, no que se refire á especificación do capítulo VII de gastos, experimentando as seguintes variacións: Con cargo á aplicación orzamentaria 450.12/762.01 “A Concellos. Cooperación provincial”, prevíase unha subvención ao Concello de Trasmiras para a escola de música. Baseándose no escrito remitido polo Concello de Trasmiras en data 15/05/2013 a solicitante da axuda é a Asociación Musical de Trasmiras, polo que a subvención se concedería á dita Asociación. A dita delegación rexerase polas condicións xerais establecidas pola Deputación Provincial para a delegación de competencias nesta materia.
Aceptar DELEGACIÓN NA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DO EXERCICIO DAS COMPETENCIAS DO CONCELLO DE ESGOS EN MATERIA DE RECADACIÓN DA TAXA POLO ABASTECEMENTO DE AUGA A DOMICILIO
Aceptar a delegación nesta Deputación Provincial das facultades que o Concello de Esgos ten atribuídas en materia de recadación da taxa polo abastecemento de auga a domicilio, ao abeiro do establecido no artigo 106.3 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local e artigo 7 do RDL 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, co alcance, contido, condicións e vixencia que se establecen no acordo do Pleno do dito concello do día 15 de maio de 2013. A dita delegación rexerase polas condicións xerais establecidas pola Deputación Provincial para a delegación de competencias nesta materia.
EXPROPIACIÓN FORZOSA PARA A EXECUCIÓN DA OBRA DE ABASTECEMENTO EN CARZOÁ, N.º 29/PB/2012, NO MUNICIPIO DE CUALEDRO.
Acordo: Estimar a alegación feita polos herdeiros de D.ª M.ª Amalia Justo Carnero. Ter por declarada a utilidade pública das obras mencionadas, ao figurar incluídas no “Plan Provincial de Cooperación as obras e servizos de carácter municipal 2012, Plan Base”, coa clave 29/PB/2012. Acordar definitivamente a necesidade de ocupación dos bens.
Aprobación da MOCIÓN SOBRE O DESMANTELAMENTO DAS LIÑAS DE TREN
Acordo: Rexeitar a actual proposta do Ministerio de Fomento sobre a supresión de liñas e paradas de tren. Manter os servizos que afectan á nosa provincia, potenciándoos e valorizándoos coa maior eficiencia posible.
Aprobar MODELO DE XESTIÓN DE BIOMASA NA REDE DE ESTRADAS CON APLICACIÓN DE PRODUTOS FITOSANITARIOS
Acordo: Aprobar o protocolo de xestión da biomasa no ámbito da rede de estradas da Deputación Provincial de Ourense para o ano 2013, elaborado polo Servizo de Vías e Obras, autorizando expresamente o emprego de produtos fitosanitarios conforme co manual de boas prácticas recollido en dito protocolo.
Aprobación DEFINITIVA DO PLAN PROVINCIAL DE COOPERACIÓN ÁS OBRAS E SERVIZOS MUNICIPAIS E DA REDE VIARIA PROVINCIAL DO EXERCICIO 2013.
Aprobar definitivamente o Plan provincial de cooperación ás obras e servizos municipais e da rede viaria provincial do exercicio 2013 segundo o documento inicialmente aprobado na sesión ordinaria do 26 de abril de 2013, modificando, a pedimento do Concello de Padrenda, o orzamento da obra n.º 51/POS/2013 denominada “Mellora eficiencia enerxética Ponte Barxas e outros”, quedando fixado este na cantidade de 41.300,00 €.
Aprobación da MOCIÓN A PROL DO MANTEMENTO DOS XULGADOS DE PAZ E DA GRATUIDADE DOS REXISTROS CIVÍS.
Acordo: Expresar o rexeitamento á proposta do Goberno do Estado relativa á supresión dos Xulgados de Paz e á asunción por parte dos Rexistros da Propiedade e e ás Notarías das funcións dos Rexistros Civís, instando ao Goberno do Estado á inmediata retirada deste anteproxecto de lei.
Instar á Xunta de Galicia a que demande do Goberno Central o mantemento dos Xulgados de Paz, así como a que se garanta a gratuidade das funcións que prestan os Rexistros Civís. Dar traslado deste acordo ao Goberno central e á Xunta de Galicia.
Aprobación da MOCIÓN SOBRE A ELIMINACIÓN DE PARTE DO SERVIZO DE ENFERMERÍA EN DIVERSOS PUNTOS DE ATENCIÓN CONTINUADA (P.A.C.) DA PROVINCIA
Acordo: Rexeitar a eliminación que fai a Consellería de Sanidade de parte do servizo de enfermería nos Puntos de Atención Continuada de Ribadavia e Celanova. Dar traslado do presente acordo á Consellería de Sanidade.