Acordo do pleno pontevedrés cos afectados polas preferentes
O Pleno do Concello de Pontevedra adopta o seguinte ACORDO:
− Esixir a derrogación do RD polo que se lle expropia grande parte dos seus aforros aos afectados polas preferentes e subordinadas, e dirixirse ao Goberno Central para que adopte as medidas precisas para que os afectados recuperen os seus aforros de xeito íntegro.
− O Concello de Pontevedra requerirá á entidade Novagalicia Banco para que no prazo dun mes proceda a iniciar a devolución íntegra das cantidades estafadas aos aforradores do municipio coas preferentes e subordinadas.
− Se no prazo indicado non se produce a devolución aos estafados, procederase a cancelación das contas municipais en NGB coa única
limitación da preservación dos intereses municipais.
− Colocarase unha pancarta de apoio aos afectados no edificio muncipal de Michelena 30.
− Amosar o apoio institucional do Concello á manifestacion convocada para o próximo 10 de maio.
− Calquera outra medida que colabore no obxectivo de facer xustiza cos afectados das preferentes e subordinadas.
− Acórdase dar traslado deste acordo á FEGAMP, á FEMP e ao FROB, e solicitar do resto de institucións (Administración Xeral do Estado e Xunta de Galicia) que adopten o mesmo acordo.