publicidade hoxe

Ábrese o prazo para solicitar as axudas para persoas con discapacidade que teñan que facer uso de taxi adaptado

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalLugo
A-
A+

Dende mañá martes 7 de maio, pódense solicitar as axudas económicas que concede o Concello de Lugo a persoas con discapacidade física e afectadas por graves dificultades de mobilidade para gastos do transporte en taxi adaptado. Así, se indica dende a Concellería de Benestar Social e Igualdade, que dirixe Ana González Abelleira, xa que hoxe sairon publicadas as bases no Diario Oficial de Galicia.

Esta liña de axudas para persoas con discapacidade dispón dun presuposto este ano de 9.000 euros.  A contía da axuda a cada persoa solicitante será de 800 euros anuais e darase prioridade as persoas con menos ingresos no caso de que o número de solicitudes fora superior ó presuposto co que está dotada a convocatoria.

O prazo de solicitude será dun mes dende o día seguinte a publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

O ano pasado o Concello abonou 2.505 euros por gastos de transporte en taxi adaptado a seis persoas con discapacidade.

6 de maio de 2013 | 18:38 • Sen comentarios

Comentarios pechados.