Ábrese o prazo de inscrición na viaxe á Costa Verde asturiana do programa “Imos de excursión”
A Concellería de Centros Socioculturais abre, a partir de mañá martes 7 de maio, ás 17:00 horas, o prazo para participar na próxima viaxe do programa “Imos de excursión 2013”. É a denominada “Costa Verde” e desenvolverase o sábado 25 e o domingo 26 de maio.
O programa desta viaxe contempla a visita a Luarca, con parada no Museo do Calamar Xigante e no Museo Servero Ochoa, e a Lastres, onde os participantes poderán coñecer o Museo do Xurásico de Asturias. O prezo da excursión é de 83 euros, no que se inclúe o autocar gran turismo, guías, entrada aos museos, estancia dunha noite de hotel, seguro de asistencia e de viaxe e pensión completa. O prezo para os nenos de 3 a 12 anos, acompañados nunha habitación por dous adultos, é de 78 euros. Nenos de 0 a 2 anos, gratis.
Máis información destas e doutras viaxes nos centros socioculturais.