publicidade hoxe

Ábrese o prazo de exposición pública das novas ordenanzas dos servizos de axuda no fogar, centro de día e pisos de emerxencia social

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalLugo
A-
A+

A Concellería de Benestar Social e Igualdade, que dirixe Ana González Abelleira, comunica a apertura do prazo de exposición pública das novas ordenanzas dos servizos de axuda no fogar, centro de día e pisos de emerxencia social.

O anuncio da aprobación inicial das tres ordenanzas foi publicado o sábado no Boletín Oficial da Provincia e agora ábrese un prazo de trinta días habiles para a presentación de suxestións e reclamacións.

O Goberno local modificou a ordenanza reguladora dos pisos de emerxencia social municipal para facilitar a posibilidade de que poidan acceder a eles aquelas  persoas que sofran un proceso de desafiuzamento da súa vivenda, tal e como se acordou na Comisión especial creada polo Concello de Lugo para abordar o problema dos desafiuzamentos.

Tocante ás ordenanzas que regulan os servizos de axuda no fogar e de centro de día o Concello viuse obrigado a modificalas para dar cumprimento ás novas normativas do Goberno central e da Xunta de Galicia que impoñen ás administracións locais a obriga de establecer o copago, ademais de endurecer o sistema de incompatibilidades para o acceso a estes servizos.

20 de maio de 2013 | 18:50 • Sen comentarios

Comentarios pechados.