publicidade hoxe

Aberto o prazo para solicitar autorización para a instalación de postos de venda ambulante no mercado local

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGondomarLocal
A-
A+

O Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra publicou onte, 14 de maio, o anuncio de convocatoria para a adxudicación de autorizacións para a instalación de postos de venda ambulante no mercado municipal dos luns de Gondomar, cuxas bases foron aprobadas en Xunta de Goberno Local, o pasado 12 de marzo.

Concederanse un total de 38 prazas coas seguintes características:

– 15 postos de 4×2

– 22 postos de 6×2

– 1 posto de camión ou vehículo-tenda

Tan só se autorizará un posto por solicitante en cada un dos mercados.

Os interesados deberán presentar as súas solicitudes no rexistro do Concello, sito na planta baixa da casa consistorial, en horario de 9.00 a 13.30 horas de luns a venres e de 9.00 a 13.00 horas os sábados, no prazo dun mes a contar desde o día seguinte á publicación do anuncio.

15 de maio de 2013 | 17:00 • Sen comentarios

Comentarios pechados.