publicidade hoxe

Aberto o prazo do concurso de deseño gráfico para elexir o cartel anunciador do San Froilán 2013

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalLocal PortadaLugo
A-
A+

Xa está aberto o concurso de deseño gráfico para seleccionar o cartel anunciador das Festas do San Froilán 2013 organizado polo Concello de Lugo. O prazo para presentar os traballos en ambos concursos está aberto ata ás 14:30 horas do xoves 30 de maio. Os interesados poderán entregar ou mandar a súa obra por correo postal á Concellería de Cultura e Turismo situada na Praza Maior nº1, 27001, en formato dixital JPG, cunhas dimensións de 50×70 cm. e con 72 ppp de resolución (1417×1984 píxeles), en soporte cd ou lapis de memoria.

O Premio de Deseño Gráfico San Froilán 2013 convida a todos os artistas, creadores e afeccionados a participar con traballos propios e orixinais que recollan o espírito das festas patronais lucenses, que están consideradas as máis populares de Galicia. As  técnicas son libres e, neste ano 2013, contribuirán a enxalzar a cidade de Lugo e as súas festas patronais de San Froilán.

Nos deseños debe figurar o texto: “Lugo, San Froilán 2013, 4-12 de Outubro, Excmo. Concello de Lugo” e os lemas “Festa de Interese Turístico Galego” e “Fiesta de Interés Turístico Nacional”. Tamén deberá aparecer o logotipo do Concello.

O gañador do concurso, ademais de ter a honra de ser o autor do cartel que se repartirá por toda España, contará cun premio económico que ascende a 2.000 euros.

8 de maio de 2013 | 16:31 • Sen comentarios

Comentarios pechados.