Aberta a convocatoria de subvencións da Concellería de Cultura
Desde hoxe, e ata o 27 de xuño, queda aberta a convocatoria de subvencións da Concellería de Cultura. Esta concesión de axudas está dirixida a asociacións, comisións e entidades sen fin de lucro que desenvolvan accións no eido cultural e festivo no Concello de Ourense.
O boletín oficial da Provincia, ven de publicar á convocatoria de subvencións no eido cultural. Desta forma, o Concello de Ourense, a través da concellería de Cultura, continúa a apoiar o obxectivo de potenciar as actividades lúdicas, culturais, festivas e de apoio a iniciativas normalizadoras da lingua galega, posibilitando a realización de actividades que sexan de interese para a poboación.
É obxecto destas bases regular a concesión de subvencións para o funcionamento e a realización de programas, actividades culturais e festivas concretas que se desenvolvan dentro do termo municipal polas persoas físicas ou xurídicas, asociacións, comisións e entidades sen fin de lucro, así como, actuacións que teñan como finalidade principal promover e estender o uso social da lingua galega que sexan solicitadas á Concellaría de Cultura, conforme co procedemento que a seguir se establecen.











