A zona do Casal conta xa con novas beirarrúas e cunha nova rede de abastecemento de auga e de recollida de pluviais

Novas beirarrúas na zona do Casal
Os veciños e veciñas do Casal, zona englobada no ámbito urbano da vila de Ordes, xa poden facer uso dende hai escasos días das novas beirarrúas con bordillos, a ambos lados da estrada. Trátase dunha mellora demandada non só polos residentes desta área senón tamén por veciños e veciñas doutras zonas ao tratarse dunha área de paseo para moitos deles. Unha obra na que tamén se levou a cabo a cabo a instalación dunha rede de pluviais, inexistente ata o de agora, así como a dunha nova rede de alcantarillado e outra de abastecemento de auga para consumo doméstico.
O orzamento ascendeu a 45.000 euros, que cos impostos incluídos supuso unha cuantía total de 66.000 euros. Estas obras están incluidas no POS 2011, polo que ademais do Concello de Ordes tamén foron sufragadas pola Deputación da Coruña.