publicidade hoxe

A XXIX Feiradeza de Lalín contará con subasta de xovencas e xa supera o número de animais do ano anterior

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioLalínLocalLocal Portada
A-
A+

O Comité de Feiradeza reuniuse na noite do martes para avanzar na organización do 29ª edición deste certame, que se celebrará os días 1 e 2 de xuño, unha xuntanza presidida polo concelleiro de Medio Rural, Manuel Fernández, á que asistiron unha vintena de gandeiros e persoal técnico como José Manuel Madriñán e Pepe Rodríguez, presidente e xerente de Africor Pontevedra, e Héctor Martínez, veterinario da Finca de Mouriscade.

Na xuntanza, avanzáronse “dúas novidades”. A primeira é a recuperación da subasta de xovencas que o ano anterior non se puido celebrar por ausencia de animais e que este ano poderá contar cunha decea de ela ”como xa comunicaron algúns dos gandeiros participantes”. A outra novidade é “a celebración dunha exhibición de cans de palleiro que terá lugar o domingo, tras a celebración dos concursos de xenética vacuna e antes da entrega de premios”.

Fernández avanzou que “xa temos confirmada a presenza de uns 130 animais, co que se superaría a cifra de anos anteriores e o que demostra o interese que segue a levantar este certame entre gandeiros da comarca”.

SORTEO ENTRE OS GANDEIROS PARTICIPANTES

Neste intre “estamos a negociar coa Deputación de Pontevedra a cesión de lotes de embrións e de unha xovenca que serían sorteados entre os gandeiros participantes nos diversos concursos”. Ao tempo, tentaremos conseguir “unhas becerras para sortealas entre o público participante”.

Tamén se pechou onte o apartado de premios no que o Concello “destinará a mesma cantidade que o ano anterior, 4.400 euros, aos que se engadiron trofeos e os premios que xestionamos antes empresas lácteas como Lactalis, Celta e Danone”.

O xuíz encargado de “valorar os animais nos distintos concursos será o asturiano Paulino Badiola, cunha ampla experiencia en certames nacionais e internacionais e cunha ampla tradición familiar neste eido”.

8 de maio de 2013 | 18:55 • Sen comentarios

Comentarios pechados.