A XVI Andaina de Allariz percorrerá 50 km en 12 horas

Presentación da andaina
A concellería de Deportes do Concello de Allariz, presentaba esta mañá, a décimo sexta edición da Andaina de Allariz, que se celebrará o vindeiro sábado 18 de maio.
Esta edición incorpora varias novidades. A primeira delas con respecto á data de celebración xa que, celebrada sempre a última fin de semana de maio, tivo que adiantarse ata o 18 de maio por coincidir coa Festa do Boi (que comeza o 25 de maio). As demais novidades refírense ao percorrido. A segunda e terceira etapa sufrirán pequenos cambios “para darlle amplitude e realidade aos fermosos paisaxes por onde transcorre a proba” explicaba un dos técnicos coordinadores. Os participantes visitará no Castro de Armea, complexo arqueolóxico recentemente rehabilitado.
Andaina de Allariz
A Andaina popular de Allariz, pioneira en Galicia, celebrábase por primeira vez no ano 1998, dende entón a súa popularidade e número de participantes non parou de medrar, alcanzando hoxe en día unha media que está entre os 700 e 800 participantes inscritos.
Esta é unha iniciativa coa que se pretende potenciar e dinamizar o fermoso itinerario que discorre por antigas vereas, corredoiras e sendeiros naturais de Allariz e arredores. A proba incorpora un importante compoñente medioambiental porque descorrerá pola práctica totalidade dos camiños que cruzan a Reserva da Biosfera “Área de Allariz”.