A xornada sobre emprego e novas tecnoloxías reunirá a diferentes expertos na cidade naval

Un instante da xornada de emprego e novas tecnoloxías
A concelleira de Emprego do Concello de Ferrol e representante na Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol, Martina Aneiros Barros, presidiu a presentación hoxe da segunda edición da Xornada sobre Emprego e Novas Tecnoloxías. O encontro, organizado polo organismo supramunicipal en colaboración da Deputación Provincial da Coruña, en horario de mañá e tarde tivo lugar no Centro Sociocultural Novacaixagalicia Ferrol.
A xornada sobre as posibilidades e desafíos das novas tecnoloxías en relación co emprego pretende analizar as ferramentas e sistemas de traballo que poden contribuír ao aforro das empresas, tanto económico como mediambiental, e así, favorecer o emprego e o emprendemento. Teletraballo, coworking ou software libre son conceptos que se van estendendo no mercado laboral e na xestión empresarial e dos que precisamos coñecer as súas vantaxes e os seus límites e desafíos. O encontro conta coa participación do profesor de Dereito do traballo da Universidade da Coruña, Ricardo López Mosteiro; o fundador de Coworking Spain, Manuel Zea; a fundadora de Coworking Gracia, María Ramos Sanz; o xerente da Asociación Galega de Empresas de Software Libre, Luis Alberto Fernández Marqués; e TAGEN ATA. Os participantes na xornada recibiron un certificado de asistencia.