publicidade hoxe

A XIII Festa do Camioneiro traerá o sábado As Ponte a máis de 200 pesos pesados do sector do transporte

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaAs PontesCalendarioLocalLocal Portada
A-
A+

O Concello de As Pontes, mediante a Concellería de Promoción Industrial, Hostalería e Comercio e o Instituto Pontés de Promoción Económica (IPPEC); a Asociación do Colectivo de Transportistas do Carbón (A.C.T.C), a Asociación de Empresarios e Comerciantes de As Pontes e o Colectivo Transpuerto Ferrol – As Pontes, celebrarán este mesmo sábado unha nova homenaxe ao mundo do camión e dos que viven nas estradas. Será coa XIII edición da Festa do Camioneiro e que ateigará As Pontes de grandes pesos pesados das estradas.

De feito, uns 200 camións participarán activamente nesta xornada, aos que haberá que sumar os novos vehículos que estarán expostos na Avenida de Ferrol ou os coches clásicos que tamén está previsto que se sumen a esta celebración.

Novamente, mediante esta festa, o que se busca é homenaxear a eses veciños e veciñas que viven do transporte, mediante unha convocatoria que xa arrincaba en 1992, e que terá continuidade este sábado cun amplo programa de actividades para todos os gustos.

De feito, ás 09.30 horas dará comezo a tradicional roita de camións e vehículos antigos polas rúas da vila que partirá do barrio da Casilla para rematar na Rúa do Meidelo, unha caravana  que, este ano, se abrirá á participación a todos aqueles, adultos ou nenos que desexen subirse a un destes grandes do asfalto, xa que os veciños que así o desexen poderán acompañar aos conductores neste percorrido pola vila.

Xa ás 13.00 horas realizarase o tradicional recordo aos profesionais do mundo do transporte nunha misa que se celebrará na Praza de América e que virá seguida dunha sesión vermú.

Un dos pratos fortes da xornada será o xantar de confraternización que arrincará contra das 14.30 hroas, no patio do Colexio de Santa María, e no que está prevista a participación dunhas 400 persoas.

Xa á tarde, entre as 17.00 e as 19.00 horas, instalaranse inchables gratuítos para os pequenos e pequenas que se pasen pola Praza de América e ás 19.30 horas terá lugar unha exhibición de coches de competición nun circuito habilitado na Avenida de Galicia.

Esta oferta lúdica completarase con exposicións de camións novos na Avenida de Ferrol e tamén unha colección de coches e camións antigos na Avenida da Coruña, mostras que permanecerán abertas durante toda a xornada.

Dende o executivo local e tamén dende a propia organización do evento animaron a todos os ponteses e pontesas, e tamén a visitantes de concellos veciños, a tomar parte neste amplo programa de actividades, e que se complementa coa celebración do I Mercado de Oportunidades de Verán (MOVE), unha oportunidade única, segundo apuntou a concelleira de Industria, Montserrat García, de aunar esforzos entre dous sectores como é o do transporte e o do comercio, para botarse unha man.

E é que, tal e como subliñou a edil, ámbolos dous sectores contan cun gran número de postos de traballo ás súas costas e esta xornada lúdico-festiva, a opinión da concelleira, de seguro que terá unha gran repercusión económica no municipio.

8 de maio de 2013 | 19:26 • Sen comentarios

Comentarios pechados.