A vila acollerá no mes de xuño a III Marcha Ciclista BTT “Coñecendo Neda en Bicicleta”
Neda acollerá o domingo, 2 de xuño, a III Marcha Ciclista BTT “Coñecendo Neda en Bicicleta”. Organizada polas asociacións de veciños de Ancos, de Anca, San Pelaio do Roxal e O Castro de Viladonelle, así como polas entidades S.C.D. Roxal, Asociación de Mulleres Val do Belelle, C.C.R. do Puntal e A.D.R. Vara e Pedal, a proba conta coa colaboración do Concello de Neda, Protección Civil, Policía Local e de diversos establecementos comerciais.
O concelleiro de Deportes e Xuventude, Roberto Rey, explicou que os participantes partirán da pista polideportiva de Anca, ás 9,30 horas. Realizarán entón un itinerario de aproximadamente 20 quilómetros no que descubrirán os lugares con máis encanto da parroquia de Anca. Así mesmo, o remate da marcha está prevista para as 13 horas, no mesmo punto de partida.
Ao rematar o percorrido, sortearánse diferentes agasallos entre os participantes máis novos e faráse entrega ao de maior e menor idade dun recordo da cita, así mesmo ofreceráse un aperitivo para todos e todas de cara a recuperar forzas. As inscripcións para a participación nesta marcha deberán facerse antes do 29 de maio. ¿Lugares? No Ambigú do local social de Viladonelle, Cantina da SCD Roxal, Mesón Ourra, Bar Río, Café Bar Graña, Bar O Forno, Bar A Canteira, Café Bar Bruno, Bar O Puntal e Bar Os Rubios.
Por último, sinalar que poderán participar todas as persoas interesadas maiores de 10 anos, inclusive. Os menores, acompañados dun adulto.