A veciñanza dispón dende esta semana de colectores de aceite doméstico usado para a súa reciclaxe
A veciñanza de Neda dispón dende esta semana de colectores para o depósito de aceite doméstico usado. En concreto, cinco puntos ubicados no termo municipal po-lo Concello de Neda. O obxetivo é favorecer a reciclaxe deste tipo de residuo, minimizando deste xeito o seu impacto medioambiental. O novo mobiliario está a disposición da cidadanía na Aveni-da de Alxeciras (á altura dos números 95-97), na rúa Santa María (nº 55), Avenida de Xubia (nº 45), Muchiqueira (nº 16) e Mourela Baixa (nas inmediacións do transformador de Fenosa). Se-gundo avanzou a concelleira de Promoción Económica, Montse Rico, tras un periodo de probas e analizada a resposta da veciñanza, o Concello valorará a necesidade de ubicar novos puntos de recollida, reforzándose o servizo segundo a demanda.
Cada contenedor, accesible para persoas con diversidade funcional, terá unha capacidade de 180 litros e a recollida programaráse inicialmente cada quince días. A empresa encargada do servizo, Procesadora Gallega de Alimentos, tamén limpará e desinfectará os contenedores. A edil Montse Rico subliñou a importancia de reciclar este tipo de residuos polo seu grave impacto medioam-biental e asegurou que, a partir dagora, non hai excusas para non facelo. Nesta liña, explicou que os aceites de cociña usados constitúen un residuo moi abundante –a media en España é de sete litros por habitante e ano– e cun alto poder de contamintación –un litro contamina 1.000 litros de auga-. Así mesmo, engadiu que, do volumen do residuo, estímase que o 80% xérase nos do-micilios particulares e, o 20% restante, na hostelería, colectividades e industria. ¿O máis alar-mante? O 99% dos fogares elimina o aceite de cociña usado a través do desaugue.
Pero, ¿en que se convertirá o aceite que os nedenses depositen nos contenedores? Unha vez recollido, o residuo trátase para a súa posterior transformación en biocombustible-biodiésel.