publicidade hoxe

A veciñanza de Neda presenciará a chegada do tren histórico co que se conmemora o Centenario da liña Ferrol-Betanzos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalLocal PortadaNeda
A-
A+

O Concello de Neda invitou esta mañá á veciñanza a presenciar este domingo, 5 de maio, a chegada á real vila do tren histórico que unirá nesta xornada Ferrol e Betanzos, para conmemorar deste xeito tan especial o Centenario da liña ferroviaria. Será o acto central dun programa promovido pola Asociación Amigos del Ferrolcarril de Ferrolterra e os concellos polos que discurre a liña e que incluíu, entre outras actividades, unha conferencia en Neda.

Centrándose na xornada do domingo, o Concello explica que o tren histórico partirá de Ferrol ás 12,20 horas, despois de diferentes actos protocolarios. Nel viaxarán, entre outros, a ministra de Fomento, Ana Pastor; o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo; o alcalde da cidade naval e presidente do Comité organizador, José Manuel Rey Varela, e o presidente de Renfe, Julio Gómez-Pumar. Oito minutos despóis, en torno ás 12,28 horas, o convoi chegará á estación de Neda. O alcalde, Ignacio Cabezón, recibirá ás autoridades e procederáse ao descubrimento dunha placa conmemorativa. E, de aí, sobre as 12,43 horas, partirá cara Betanzos (con paradas previas en Fene, Mugardos, Cabanas e Pontedeume).

3 de maio de 2013 | 17:41 • Sen comentarios

Comentarios pechados.