publicidade hoxe

“A un lado e a outro”, nova exposición para maio na Sala II do Museo Municipal de Ourense

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioLocalOurense
A-
A+

Tras a inauguración onte de Arquetipos e Metáforas, exposición de Manolo Ebra para este mes na Sala I do Museo, hoxe queda aberta ao público A un lado e a outro, da artista Ofelia Cardo, que estará na Sala II ata o vindeiro día 2 de xuño.

As obras da artista Ofelia Cardo, incorporan materiais conformando unha escena artística para crear así unha experiencia visceral ou conceptual no espazo expositivo do Museo. Deste xeito as obras e o espectador pode interactuar e transitar ao carón delas. En total son 18 obras, que conteñen máis de 50 formatos distintos.

A presentación tivo lugar esta mañá, e contou coa presenza da Concelleira de Educación e Cultura, Ana Garrido, a Directora de Espazos Museísticos, Eva Torres, e a artista Ofelia Cardo. Desta maneira, o Museo Municipal da nosa cidade continúa a cumplir co compromiso cos nosos artístas, unha exposición que ten como protagonista a instalación amosando ao público arte puramente contemporáneo. Unha corrente que toma grande impulso a partires da década do 1960, con artistas tan recoñecidos como Marcel Duchamp, Bruce Nauman, Joseph Beuys… que xa empregaban como a nosa artista obxectos cotiáns resignificados como obra artística.

Ofelia Cardo, mestra da escola de Artes Antón Faílde da nosa cidade, pertence a vida artística municipal dende o 2011 coas obras Cadera e Aun lado y al otro, que corresponde aos números de inventario dos Nosos Fondos, 1242 e 1243 respectivamente.

9 de maio de 2013 | 13:48 • Sen comentarios

Comentarios pechados.