A UAD de Monforte propón ás autoescolas monfortinas unha actividade de concienciación vial
O Equipo de Prevención da Unidade Asistencial de Drogodependencias do concello de Monforte prepara unha iniciativa para concienciar sobre os riscos que supón o consumo de alcohol ó volante. A proposta, encadrada no Programa “Cambio de Sentido”, precisa da colaboración das autoescolas monfortinas para poñerse en marcha.
A UAD do Concello considera necesario reducir os comportamentos de risco ó volante, dadas as estatíscas de accidentes de tráfico relacionadas co consumo de alcohol e substancias perigosas en materia de condución. A tal efecto, propón as autoescolas da cidade realizar unha actividade conxunta para informar de maneira máis precisa ós futuros condutores.
O obxetivo da actividade debe concretarse nun dobre compromiso:
– Reducir a porcentaxe de conductores/as falecidos/as en accidentes de tráfico no que se detecta a presenza de alcohol ou outras drogas.
– Reducir o número de conductores/as menores de 30 anos falecidos en accidentes de circulación estando baixo a influenza do alcohol.
Para iso, o Concello ofrécelle ás autoescolas material didáctico co cal concienciar ó seu alumnado. Trátase dun test que os alumnos/as deberán cumprimentar e no cal figuran preguntas relacionadas co consumo de alcohol e outras substancias na condución.











