publicidade hoxe

A Ruta do Viño Monterrei celebra as segundas Xornadas de Portas Abertas nas adegas de Verín

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioLocalLocal PortadaVerín
A-
A+

Os vindeiros 01 e 02 de xuño, a Ruta do Viño de Monterrei, en colaboración con Turgalicia e a Oficina de información turística do Concello de Verín, organizará as segundas Xornadas de Portas Abertas na que participasen 7 adegas, que ofrecerán unha visita guiada polas súas instalacións acompañada dunha degustación de viño de Monterrei totalmente gratuíta.

Tamén participarán nesta xornada tres restaurantes que ofrecerán un menú especial de primeiro e segundo prato regados con viños da denominación de orixe Monterrei cun prezo final de 25 euros e de 12 euros para os menores de 10 anos. As adegas participantes na iniciativa son: Abeledos, Chicheno, Crego e Monaguillo, Ladairo, Quinta do Buble, Vinos Lara y Gargalo (o horario de visita será o sábado de 11.30 a 13 horas e o domingo ás 12 horas); mentres que os restaurantes son Brasil, Lugano e Mesón O Candil.

Ademais, realizaranse ofertas especiais nos establecementos de turismo rural A Cortiña e O Retiro do Conde, así como no Parador de Turismo de Verín. No primeiro establecemento, A Cortiña (Pepín-Castrelo do Val. Teléfonos: 988-419215 / 645-263522), o prezo é de 60 euros por habitación dobre e de 50 en habitación individual durante a primeira noite, e un 15% de desconto na segunda. No caso de O Retiro do Conde (Vilaza-Monterrei. Teléfonos: 988-418123 / 608-342667) realizase un 10% de desconto sobre as súas tarifas. E no do Parador de Verín (Subida ao castelo de Monterrei. Teléfono: 988-410075), o prezo é de 75 euros -habitación dobre ou uso individual- por unha noite -con obsequio de almorzo- ou de 140 euros -habitación dobre ou uso individual- por dúas noites -a reserva xestionase directamente no propio Parador, por teléfono ou no correo electrónico verin@parador.es, especificando que se trata da oferta de Xornadas de Portas Abertas-.

As segundas Xornadas de Portas Abertas da Ruta do Viño de Monterrei tamén inclúen as seguintes actividades de lecer aptas para todos os públicos:

– Exposicións na Casa do Escudo de Verín (Oficina de Turismo do Concello de Verín, no barrio de San Lázaro): mostra de pintura ‘Cadros Líquidos’ de João A. Rebelo con obras relacionadas co mundo do viño e da vendima, e a exposición fotográfica ‘As Cores de Monterrei’, pertencentes ao concurso organizado pola Ruta do Viño Monterrei.

– Rutas a cabalo e con coche de cabalos polos diferentes establecementos hostaleiros, de restauración e as adegas participantes nesta iniciativa enoturística. A saída terá lugar desde o Club Hípico Monterrei (Queizás-Verín. Teléfonos: 619-472646 / 626-055161) o sábado ás 10 e 16 horas, e o domingo ás 10 horas. O prezo é de 25 euros por persoa e ruta, mentres que en coche de cabalos as ofertas son de catro adultos por 40 euros, e 4 adultos máis dous menores por 50 euros.

– Visitas guiadas gratuítas ao castelo de Monterrei (en horario continuo de 10.30 a 19 horas).

– Ruta polos lagares rupestres da comarca de Verín, organizadas pola Ruta do Viño Monterrei coa colaboración do PCT Puertas de Galicia.

– Concerto musical a cargo de ‘Banda Crebinsky’ no castelo de Monterrei o sábado 01 de xuño, ás 20 horas, con entrada libre ata completar aforo.

A Ruta do Vino Monterrei encóntrase situada no sueste da provincia de Ourense, lindando coa fronteira de Portugal. Os seus viñedos aparecen estruturados en dúas subzonas perfectamente delimitadas pola súa orografía: o val de Monterrei e a ladeira de Monterrei. Nesta bisbarra encontraremos adegas que coroan espectaculares miradoiros na montaña e outras aos pés do val. Terra limítrofe con Portugal, na que a historia fronteiriza nos deixa como legado a impresionante fortaleza de Monterrei. Máis información das segundas Xornadas de Portas Abertas da Ruta do Viño Monterrei no teléfono 616-847889 e correo electrónico info@rutadelvinomonterrei.com; así como na Oficina de Turismo do Concello de Verín (988-411614 ou en turismo@verin.net).

24 de maio de 2013 | 12:03 • Sen comentarios

Comentarios pechados.