A rúa Seixalbo sufrirá cortes puntuais ao tráfico con motivo da celebración do Festival Reperkusión
Con motivo da celebración do festival de música Reperkusión, a rúa Seixalbo sufrirá cortes de tráfico puntuais mañá sábado e o domingo, á altura do Cumial, en sentido centro da cidade.
A Policía Local recomenda empregar dúas alternativas durante a fin de semana:
-Para acceder a Seixalbo desde O Cumial, recoméndase a rúa das Curruxeiras (EV-401), en dirección ao tramo circunvalación Este da cidade que une Rairo e Seixalbo.
-Para acceder desde O Cumial ata o centro da cidade, recoméndase a N-525, en dirección Madrid-Ourense.
O Concello roga aos cidadáns desculpas polas molestias ocasionadas, e solicita a maior das colaboracións para que o evento se celebre con normalidade.











