publicidade hoxe

A Rede Barrio de Conxo-Milladoiro incorpórase á web Compostela Integra

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalSantiago de Compostela
A-
A+

A concelleira de Benestar Social, María Castelao, presidiu a xuntanza desta rede, na que se acordoi a acordouse a incoporación do grupo de traballo Barrio de Conxo-Milladoiro a Compostela Integra, páxina web creada pola Concellaría de Familia, Educación, Muller e Igualdade, Benestar Social e Maiores do Concello de Santiago que serve de punto de encontro e relación dos diferentes profesionais que traballan na área de acción social. A páxina serve tanto de ferramenta de traballo interno entre os compoñentes das distintas redes que nela se inclúen, como de ponte de comunicación cara o exterior, para informar aos cidadáns sobre as accións que se realizan.

A REDE CONXO-MILLADORIO xurde en xaneiro do ano 2009 da necesidade observada dende o departamento de Orientación do IES Eduardo Pondal de formalizar as accións que, dun xeito natural, se viñan desenvolvendo entre as distintas entidades e servizos da comunidade social e educativa deste barrio.

Conscientes que ningunha entidade por si soa é capaz de resolver os problemas da poboación, e que só integrando esforzos se produce un maior impacto na poboación obxectivo, hoxe en día son 16 as entidades que traballan no proxecto común de darlle un novo impulso ao tecido social. Así, realízanse actuacións que melloran o benestar da comunidade e que xeran estratexias de traballo tendo en conta as potencialidades dos organismos e entidades que, á vez, forman o inventario de recursos con que conta a rede.

A inclusión nesta plataforma virtual supón para os profesionais da rede o desenvolvemento dun modelo de traballo que mellora a coordinación, a cooperación e a difusión das distintas entidades, coa idea común de optimizar os recursos existentes. Esta ferramenta, ademais de permitir compartir información entre os integrantes da rede, posibilita a creación de sinerxias coa comunidade, contribuíndo a visibilizar o labor que se está a realizar e achegando á cidadanía os servizos á súa disposición para dar resposta ás súas necesidades.

21 de maio de 2013 | 18:55 • Sen comentarios

Comentarios pechados.