A rapaza aresá Ana Martínez Fernández, gañadora do primeiro premio do concurso de relato curto do Concello

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaAresLocal
A-
A+

A rapaza aresá Ana Martínez Fernández (13 anos), coa obra “A pedra de Luar”, resultou a gañadora da primeira edición do concurso de Relato Curto Concello de Ares, organizado pola área de Cultura, que dirixe o socialista Eugenio Fernández Lago, co gallo da celebración do Día das Letras Galegas. As finalistas foron Cristina Serrano Otero (17 anos), de Ferrol, con “Os veráns de Carme”, e Tania García Varela (16 anos), de Mugardos, coa obra “Luz entre sombras”.

Os premios, consistentes nun e-book e un diploma para o primeiro, e sendos mp4 e diplomas para os finalistas, foron entregados esta tarde polo alcalde, Julio Iglesias, e o responsable de Cultura do Concello, nun acto desenvolvido no salón de actos da Alianza Aresana e que rematou co concerto “Rosas para Galicia”, a cargo  da Asociación Cultural Brigantia.

O xurado que valorou os 22 traballos presentados a este certame estivo integrado por Javier Vilasánchez (historiador), Toni Seijas (debuxante e ilustrador) e Yolanda Castro (mestra), actuando o concelleiro Eugenio Fernández como secretario sen voto.

16 de maio de 2013 | 20:03 • Sen comentarios

Comentarios pechados.