A praza de abastos celebrou o seu segundo sorteo do concurso “Presume de Praceira e Praceiro”

Instante do sorteo na praza
A edil carballiñesa Pilar Caride acompañou aos profesionais da Praza de Abastos na celebración do segundo concurso promovido dende a Xunta de Galicia “Presume de Praceira e Praceiro” e que ten como obxectivo dinamizar estes centros comerciais en todos os pobos de Galicia.
Xunto á edil estiveron os técnicos de consumo, que velaron polo bo funcionamento do sorteo, e o presidente dos comerciantes do Carballiño Julián Garriga. Os agraciados neste sorteo foron Piar Abraldes, Monica Maranis e María Jesús Valeiras, que recibiron un premio de 75, 50 e 25 euros respectivamente para gastar na Praza de Abastos.











