publicidade hoxe

A Policía Local de Ordes realizou 760 informes municipais e 750 intervencións de tráfico no 2012

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalLocal PortadaOrdes
A-
A+

A Policía Local de Ordes acaba de facer públicos os datos e estatísticas relacionadas coa súa labor ao longo do pasado ano 2012. Destaca polo número de intervencións as tarefas relacionadas coa elaboración de informes que teñen como orixen ou destino as distintas concellerías e departamentos do Concello, cun total de 766 casos.

 Neste apartado hai que sinalar que as principais queixas relacionadas co Medio Ambiente veñen dadas pola aparición de puntos de lixo incontrolados ou vertidos aos ríos, que en moitas ocasións son denunciados polos mesmos veciños. Cabe incluir tamén a labor de informar sobre deficiencias e danos existentes no mobiliario urbano, nas vías públicas e propiedades municipais, así como a instrución de dilixencias por danos na propiedade privada, partes por detección de vehículos abandoados, control da limpeza de rúas e a búsqueda de persoas perdidas, entre outros.

Tráfico

En materia de tráfico a cifra sitúase nas 752 intervencións, tendo que precisar a existencia doutras actuacións como a identificación de conductores non denunciados ou os controis de documentación, as cales non están contabilizadas. Traballos nos que viña prestando unha importante colaboración o extinguido Servizo de Protección Civil do Concello de Ordes (GRUMIR), xa que eran os responsables de limpar a calzada no caso de accidentes con restos de aceite ou combustible, así como no caso de escapes de gases en edificios, na localización de persoas, incendios, etc. Actualmente faise uso do Servizo de Limpeza Municipal (Limpiezas e Servicios SOL) no caso das vías urbanas, mentres que en casos graves requísese a presenza dos Bombeiros de Ordes para labores de excarcelación ou incendios en inmobles.

As denuncias que se formularon en relación coa regulación do tráfico ben son remitidas á Deputación da Coruña, quen se encarga da recaudación e do procemento sancionador, ou ben son enviadas á Xefatura Provincial de Tráfico no caso de que se realicen en travesías ou sexan relativas a requisitos técnicos e administrativos. No caso do guindastre estase a usar so en casos determinados, como vehículos estacionados en vados sinalizados que impiden a entrada ou saída doutros, cando se entorpece a celebración do mercado no Campo da Feira, no caso de que se obstaculice o traballo dalgún servizo público ou tamén si se impide o estacionamento a discapacitados ou de reserva a tipo de usuarios.

Xulgados

Como Policía Xudicial os axentes municipais de Ordes tamén teñen a obriga de realizar os oficios que se lles son remitidos dende os Xulgados ubicados na vila. Ao longo do 2012, ademais, foron citados un total de 80 veces para asistir a xuízos. En total foron preto de 400 casos, entre os que sobresae a realización e elaboración de notificacións. As denuncias por danos en propiedade privada, especialmente nos vehículos, engloban o maior número dos 71 atestados realizados.

Seguridade Cidadá

Aínda que a colaboración en materia de seguridade cidadá   realízase principalmente coa Garda Civil de Ordes, tamén se colabora cos grupos da Policía Xudicial de A Coruña e Santiago, coa Policía Autonómica e Policía Nacional así como coas distintas policías locais. Colaboracións que se centran principalmente no intercambio de información así como, esporádicamente, na averiguación e prevención de delitos. Ademais a petición dos veciños, dos xulgados e en colaboración con outros corpos diariamente realízanse patrullas de vixianza e control polas rúas.

Outras actuacións

Outro tipo de actuacións son as que lles prestamos ós veciños na rúa, que debido a súa variedade non se engloban nun grupo concreto. Axudar a cambiar unha, asistencia con pinzas de arranque, prestación de sinais, traslado de persoas ebrias ó seu domicilio, labores de infrmación,  queixas polo ruído, lectura de microchip en animais abandoados, supervisión e colaboración co persoal da zona ORA, etc.

Un dos servizos máis destacados neste punto é o control do mercado do Campo da Feira, comprobando que todos os postos conte coa autorización requerida según a normativa. Así cada ano realízanse distintas notificacións, a petición do Concello, aos membros do mercado.

9 de maio de 2013 | 17:51 • Sen comentarios

Comentarios pechados.