publicidade hoxe

A Policía Local de Culleredo reforza a vixilancia dos edificios municipais as 24 horas do día

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCulleredoLocalLocal Portada
A-
A+

O goberno de Culleredo reforza a vixilancia das dependencias municipais a través do traballo da Policía Local. O obxectivo é garantir a
seguridade as 24 horas do día dos traballadores municipais e dos usuarios dos diferentes edificios municipais.

Para iso, patrullas da Policía Local intensificarán os labores de vixilancia polas dependencias, como factor de prevención. Os axentes velarán por que as alarmas dos edificios estean correctamente actividades e por asegurar os sistemas de peche, como portas e ventás.

Así mesmo, a Policía Local estudará efectuar unha videovixilancia das dependencias a través do circuíto de datos da alarma. Desta forma, os efectivos poderán observar remotamente o estado das dependencias e actuar se acontece calquera anomalía. Precisamente, a Policía Municipal actuou hoxe de forma inmediata ante un incidente nas oficinas de Vila Melania. Un home, visiblemente alterado, solicitou un certificado de empadroamento que o persoal municipal non podía entregarlle dado que non estaba empadroado en Culleredo.

O home arremeteu contra o mobiliario e mostrou unha conduta agresiva cunha funcionaria, polo que chamou a Policía Local que chegou de inmediato para parar a súa actitude. Tramitarase a correspondente denuncia.

21 de maio de 2013 | 18:33 • Sen comentarios

Comentarios pechados.