A Policía Local chama á colaboración cidadá para alertar de roubos na vía pública

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalNeda
A-
A+

A Policía Local alertou de que nos últimos meses se rexistraron no termo municipal de Neda unha serie de roubos cometidos por unha ou dúas mulleres de nacionalidade romanesa. O último aconteceu o día 30 de abril deste ano, nunha rúa da localidade, cando un ancián de 82 anos foi abordado por unha moza que lle pediu a firma para unha asociación de persoas con minusvalidez. Ao negarse este, a muller botoulle a man á cadea de ouro que levaba no colo. O ancián agarroulle a man á rapaza para intentar re-cuperar a xoia, pero esta tirouno ao chan e arrastrou uns metros, causándoo viarias lesións.

É por iso que a Policía Local pide á poboación en xeral a súa colaboración para atallar este tipo de actos delituosos, posto que cunha simple chamada ao teléfono de Emerxencias 112, este feito queda comunicado sen que a persoa que realizou a chamada quede identificada.

Deste modo, lógrase que as Forzas e Corpos de Seguridade poidan actuar de xeito máis rápido e eficaz grazas a esa información cidadá de primeira man, co que se lograría mellorar a prevención da delincuencia.

7 de maio de 2013 | 18:28 • Sen comentarios

Comentarios pechados.