A piscina do Parque Tecnolóxico, que xestiona a Deputación de Ourense, abre este sábado
O vindeiro sábado, 1 de xuño, abre a piscina ao aire libre que xestiona a Deputación de Ourense nas instalacións deportivas do Parque Tecnolóxico de Galicia. O complexo deportivo terá un horario, todos os días da semana, de 11.30 a 21.00 horas. Os prezos que rexen para esta tempada son de 1,70 euros para adultos e maiores de oito anos, e gratuíta para os menores de oito anos. O bono de 10 pases custa 14, 20 euros. Ademais da piscina o complexo conta cun campo de futbol de herba e dous de terra, pistas de básquet e futbol-sala, dúas pistas de tenis e espazos habilitados para paseos en bici, “jogging” , circuíto de automodelismo e volei-praia. Os usuarios tamén poderán alugar raquetas, toallas e tumbonas e poderán utilizar gratuitamente a zona wifi. As instalacións compleméntanse con servizo de bar e amplo aparcamento cuberto.











