publicidade hoxe

A parroquia ordense de Ardemil celebrará a súa III Xuntanza Cabalar do 31 de maio ao 1 de xuño

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioLocalOrdes
A-
A+

Un ano máis a parroquia ordense de Ardemil acollerá a súa Xuntanza Cabalar, que esta ano celebra a súa III edición. O primeiro día desta cita marcada pola festa e a diversión será o venres 31 de maio. Nesta xornada a nota musical virá da man da orquesta Atenas. Tamén se repartirá cochinillo á grella gratuitamente entre todos os participantes a partir das 20 horas.

O día grande terá lugar o sábado 1 de xuño cun cartel de actos e celebracións que arrancará ás 9 horas coa apertura do recinto feiral. Ás 10 horas iniciarase o curso de bestas cruzadas e ás 11 horas o de cabalos cruzados. Posteriormente, a partir das 13.30 horas, disfrutarase dun xantar popular con lacón asado acompañado de patacas estofadas, pan, refrescos, viños, café e postre. O prezo para poder formar parte deste encontro culinario será de 10 euros para os cabaleiros e de 12 para o resto dos asistentes. Aqueles que queiran participar deberán inscribirse antes do vindeiro mércores 15 de maio chamando aos teléfonos 630199594 ou 696843590.

Xa pola tarde as competicións retomaranse dende as 16 horas cun concurso de barriles, para dar paso unha hora máis tarde ás probas de trote libre e outra de andadura de trotóns a partir das 17.30 horas. Ademais haberá tamén agasallos sorpresa e instalarase unha carpa en caso de choiva. Outra das ventaxas é un xantar gratis para os 20 primeiros cabaleiros que se inscriban.

10 de maio de 2013 | 18:54 • Sen comentarios

Comentarios pechados.