A OMIX pon en marcha un curso de fotografía dixital

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGondomarLocal
A-
A+

24052013-19A Oficina de Información Xuvenil do Concello de Gondomar, dirixida por Ignacio Troncoso, pon en marcha  un curso de fotografía dixital destinado a mozos e mozas de 12 a 30 anos. A actividade terá unha duración de 30 horas e será impartida  entre o 8 e o 22 de xullo.

Durante a formación, os alumnos adquirirán coñecementos tantos técnicos como prácticos como son as partes dunha cámara, trucos, a luz, o uso do flash ou o retoque dixital. Todo o necesario para sacarlle partido a unha cámara de fotos e poder obter unha imaxe de calidade.

Todo o que lle guste o mundo da fotografía pode participar neste curso, realizando unha solicitude de inscrición do 27 de maio ao 27 de xuño na OMIX do Concello de Gondomar. Para maior información chamar ao 986.369.746.

24 de maio de 2013 | 16:57 • Sen comentarios

Comentarios pechados.