publicidade hoxe

A Omix organiza unha “Quedada Roller” e un curso de Surf

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCambreLocal
A-
A+

A Omix organiza dentro do programa “Por fin é Venres” unha “quedada roller” que terá lugar o próximo 24 de maio de 2013 polo Paseo dá Ría do Burgo apartir das 18.00 e ata as 20.00 horas. A actividade está programada para 20 participantes de 12 a 30 anos, aínda que deberá haberun mínimo de 10 participantes inscritos.

As inscripciónes poderanse realizar na Casa dá Xuventude ou na OMIX ata o día 22 de maio de 2013. Asimsimo, será obrigatorio levar Patíns e casco e proteccións para xeonllos e mans.

Por outro lado, dentro do programa “Este Finde Teño Plan” a Omix organiza un curso de Surf para os días 25 e 26 de maio. Será na praia de Razo e haberá varios grupos segundo os niveis dos deportistas. Haberá 30 prazas e as idades están comprendidas entre 12 e 35 anos. A actividade inclúe transporte aloxamento con pensión completa, traxe de neopreno, táboa de surf, clase teórica e práctica de dúas horas cada día, comida e dúas horas pola tarde de surf vixiado cada día. O período de inscrición comezará o luns 13 ata o 16 de maio.

No caso de que o número de solicitudes supere o número de prazas ofertadas terá lugar un sorteo o luns 20, ás 11 horas. Os participantes non empadroados non entran en sorteo, e deberán esperar a que acha prazas libres.

A INSCRICIÓN DEFINITIVA: a partir do luns 20, ás 12 da mañá pódese pasar pola OMIX ou pola Casa da Xuventude para formalizar a inscrición. Esta efectuarase mesmo o martes 21 ás 14 horas. Se non se presenta a documentación requirida, causará baixa na lista e perderá a praza. As persoas que non entraron no primeiro sorteo deberán chamar ou acudir á OMIX ou á casa da Xuventude o martes 21, a partir das 19 horas. E obtéñense praza teñen o mércores 22, mesmo as 20 horas, para formalizar inscrición. E así sucesivamente (chamar un día e o seguinte para efectuar a confirmación da praza). Así mesmo, o xoves 23 de maio ás 20 h na Casa da Xuventude terá lugar unha reunión informativa. En caso de mal tempo a actividade aprazarase ao seguinte ata o seguinte fin de semana (1 e 2 de xuño).

10 de maio de 2013 | 19:28 • Sen comentarios

Comentarios pechados.