publicidade hoxe

A Mesa Local toma coñecemento das peticións de axudas públicas ao pequeno e mediano comercio

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalVigo
A-
A+

O alcalde, Abel Caballero, presidiu este luns a reunión da Mesa Local do Comercio de Vigo, convocada para emitir informe sobre as compañas de promoción do sector postas en marcha polos comerciantes da cidade, co obxectivo de optar ás achegas públicas do goberno autonómico.

Abel Caballero indicou que, nesta cita, se tomou coñecemento conxunto das peticións de axudas públicas ao pequeno e mediano comercio da cidade. A Mesa Local do Comercio de Vigo está conformada polo alcalde e distintos concelleiros do goberno local, Centro Príncipe, Vigo Vello, Zona Centro Vigo, ACECA, AETRAVI, MERCACEVI, FECOVI, Vigo Histórico, AGARIMO, a Cámara de Comercio, a Federación Provincial de Comercio e o Foro Galego de Comercio de Vigo.

20 de maio de 2013 | 19:31 • Sen comentarios

Comentarios pechados.