publicidade hoxe

A Mesa Local de Comercio reúnese para informar sobre as liñas de subvencións para os colectivos do sector

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalVilagarcía de Arousa
A-
A+

A Mesa Local de Comercio celebra mañá unha reunión co obxectivo de tratar diversos temas de interese para os colectivos do sector. O órgano no que están representados comerciantes e usuarios da localidade abordará as diferentes liñas de financiamento convocadas pola administración autonómica ás que poden recorrer en cada caso. Tamén se falará sa proposta presentada por Zona Aberta para organizar unha nova edición de Expoferta.

A Mesa Local e Comercio reunirase mañá no Concello cun horario de inicio prevista para as 20:00 horas en primeira convocatoria e media hora máis tarde para a segunda. O alcalde, Tomás Fole, presidirá a xuntanza na que estarán presentes os representantes do o Centro Comercial Aberto Zona Aberta, a asociación de praceiros da Praza de Abastos, o Centro Comercial Arousa, e a Asociación de Consumidoras e Amas de Casa o Noso Lar. Pola parte política, asistirán ademais do rexedor, o concelleiro de Promoción Económica, Manuel Tarrío, e as concelleiras da oposición Susana Camiño e Helena Mariño.

As subvencións públicas ás que poden recorrer os colectivos de comerciantes e consumidores para financiar os seus proxectos ou actividade copan os dous primeiros puntos da orde do día a tratar. No primeiro darase conta das resolucións de axudas públicas concedidas en 2012 pola Consellería de Economía e Industria para dinamización de centros comerciais abertos e prazas de abastos. A continuación, informase ao sector sobre as solicitudes de subvenciones presentadas polos Centro Comercial Aberto Zona Aberta e pola Asociación de praceiros da Praza de Abastos ao abeiro da convocatoria realizada pola Consellería para o ano en curso. A Mesa terá que pronunciarse ao respecto xa que un dos requisitos da convocatoria é que as solicitudes deben contar co informe favorable da Mesa Local de Comercio.

O terceiro punto da orde do día da sesión de mañá é o relativo ao informe sobre a celebración da feira de oportunidades “Expoferta” que a asociación Zona Aberta pretende organizar a principios do mes de agosto no recinto feiral de Fexdega.

Os membros da Mesa poderán expoñer outros temas non incluídos de forma expresa na orde do día tanto no punto recollido como “Outros acordos a adoptar” como no de “Rogos e preguntas”.

Órgano consultivo

A Mesa Local de Comercio de Vilagarcía creouse o pasado ano como un órgano sectorial de carácter consultivo e promovido polo Concello. A sesión de mañá será a segunda que celebre este órgano despois da súa constitución o pasado mes de xuño. De igual xeito que os demais órganos sectoriais creados no Concello -como o Consello Local das Persoas Maiores, ou o Consello da Mocidade-, a Mesa Local de Comercio actuará como un órgano colexiado de participación, coordinación cooperación e colaboración entre a Administración Local e os axentes representativos do sector comercial. Entre as súas funcións figuran o coñecemento e emisión de informes sobre os proxectos de disposicións de carácter xeral que afecten ao sector comercial; propor o establecemento de relacións e colaboracións con outras Administracións e ou/institucións; analizar a situación do comercio e os plans de dinamización comercial; propor medidas e iniciativas que se consideren convenientes para o desenvolvemento e avance do sector comercial e opinar sobre actuacións que afecten ao urbanismo comercial.

6 de maio de 2013 | 11:20 • Sen comentarios

Comentarios pechados.