publicidade hoxe

A Mancomunidade de Ordes solicita a adhesión ao plan de financiamento dos servizos sociais básicos por 122.000 euros

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFradesLocalOrdesOroso
A-
A+
Pleno da mancomunidade

Pleno da mancomunidade

O pleno da Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ordes acordou está mañá na sesión plenaria correspondente ao mes de maio a solicitude de adhesión ao Plan de Financiamento dos Servicios Sociais Comunitarios Básicos. Supón case 122.000 euros que irán destinados a sufragar os gastos derivados do persoal auxiliar administrativo, do persoal técnico de grao medio (educadores familiares), así como do persoal auxiliar do servizo de axuda no fogar para os concello de Frades, Ordes e Oroso. Grazas a este servizo na actualidade máis de 30 persoas dos tres concellos ven cubertas as súas necesidades básicas en relación coa súa vivenda. 

Dito plan elabórase ao amparo do Decreto 99/2012, do 16 de marzo, que regula os servizos sociais comunitarios e o seu financiamento. Nel se establece que as Deputacións proporcionaranlles asistencia económica, técnica e xurídica aos concellos con menos de 20.000 habitantes, na execución das súas competencias en materia de servizos comunitarios básicos. Mantense así a liña de continuidade do Plan de convenios de servizos sociais comunitarios da Deputación Provincial da Coruña. No exercicio 2012 incrementouse o importe total, coa finalidade de asumir as contías que os concellos viñan percibindo da Xunta para ditos servizos comunitarios básicos no Plan concertado de servizos sociais, e que se pretende manter coa presente convocatoria. Un plan que este ano financiarase cun algo máis de 4 millóns de euros dos orzamentos da Deputación da Coruña e cos que se presegue apoiar as entidades locais que presten os servizos sociais comunitarios básicos en virtude das competencias atribuídas polo artigo 36 da Lei 7/1985 do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local.

Na xuntanza tamén se acadou a solicitude de subvencións para a contratación de persoal técnico para a  realización de actividades de información, orientación e prospección de emprego, solicitarán un total de 20.000 euros

6 de maio de 2013 | 18:09 • Sen comentarios

Comentarios pechados.