A Mancomunidade de Ordes ofrece unha charla sobre o Dereito Sucesorio na Comunidade galega
A Casa da Cultura de Mesía acollerá mañá ás 16.15 horas e de balde a charla ‘Ideas básicas sobre Dereito de Sucesións en Galicia’. Organizada pola Asociación Cultural Moita Leria e a Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ordes, nela abordaranse aspectos como os distintos tipos de testamento, os pasos a dar para a apertura de sucesións, as peculiaridades do Dereito de Sucesións no ámbito galego, os pactos sucesorios (melloras), as obrigas fiscais ou as sucesións intestadas. A encargada de levar a cabo este encontro será María José Liste González, asesora xurídica de Servizos Sociais e do CIM da Mancomunidade de Ordes.