publicidade hoxe

A Laracha acolle a fase final da Copa Primavera de Baloncesto Infantil Masculino

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA LarachaDeportesLocal
A-
A+

A fase final da Copa Primavera Coruña de baloncesto na categoría infantil masculino disputarase este sábado, 1 de xuño, no pavillón municipal da Laracha (complexo deportivo do campo de fútbol Municipal).

Dos dezaseis equipos que iniciaron este torneo de nivel provincial soamente quedan en competición os catro que se darán cita na Laracha. Pola mañá disputaranse as semifinais e, pola tarde, a gran final. Estes serán os horarios e emparellamentos:

Semifinais

– 10.00 horas: Adfro – Culleredo

– 12.00 horas: Santa María del Mar – Artai

Final: 17.00 horas

A Copa Primavera Coruña é organizada pola Federación Galega de Baloncesto. A organización do evento deste sábado corre a cargo do Concello da Laracha e do Club Artai de Carballo.

A entrada para presenciar os encontros é de balde.

29 de maio de 2013 | 16:59 • Sen comentarios

Comentarios pechados.