publicidade hoxe

A escola infantil de verán oferta 39 prazas para os meses de xullo e agosto

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalVilagarcía de Arousa
A-
A+

A Área de Servizos Sociais da Concellería de Traballo e Benestar volve a poñer en marcha este ano a Escola Infantil de Verán, unha iniciativa coa que se pretende que o maior número de familias poidan ter acceso ao servizo municipal aproveitando as vacantes dos nenos que non acudirán á gardería en xullo e agosto por coller vacacións. Este ano, a Escola Infantil de Verán oferta 39 prazas, das cales 14 son para o mes de xullo e 25 para o de agosto.

Para o mes de xullo soamente quedan prazas libres no grupo de bebés (2) e de nenos de 2 anos (12). Para o mes de agosto disponse de prazas nos tres tramos de idade; 7 para bebés, 8 para nenos dun ano e 10 para nenos de 2 anos. Os nenos que entran no grupo de bebés son os nacidos no ano 2012, no grupo de 1 ano os nacidos no 2011 e no de 2 anos os que teñan nacido no ano 2010.

As familias que desexen matricular aos seus fillos na Escola Infantil de Verán deben formalizar a súa solicitude entre o 13 e o 28 de maio. Os formularios poden recollerse no propio centro municipal sito na Lomba, onde tamén terán que presentalos debidamente cubertos. Realizado este trámite e co corresponde cuño da Escola, terán que presentar a solicitude xunto con toda a documentación requirida no Rexistro Xeral do Concello dentro do prazo establecido e en horario de 8:30 a 14:30 horas. A admisión realizarase por rigorosa orde de inscrición.

A documentación que deberán achegar as familias xunto coa solicitude de ingreso componse da fotocopia compulsada do libro de familia, fotocopia do DNI do pai/nai ou representante legal do neno, certificado de convivencia e autorización para poder recabar datos tributarios á Axencia Tributaria relativos ao nivel de renda.

13 de maio de 2013 | 16:37 • Sen comentarios

Comentarios pechados.