publicidade hoxe

A Escola de Teatro Municipal de Laxe participará no roteiro teatral do Concello de Touro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLaxeLocal
A-
A+

Despois de estar presentes e actuar no Festival de Teatro de Palas de Rei e A Estrada os pasados sábados 13 e 27 de abril, a Escola de Teatro Municipal de Laxe participará no Festival e roteiro teatral polo Concello de Touro, organizados para este próximo sábado 11 de maio pola Aula de Teatro do CPI deste mesmo concello. Ao igual que sucedía nos festivais anteriores, estarán presentes e actuarán no mesmo, ademais da Aula de Teatro da Estrada e a Escola de Teatro de Laxe, o Obradoiro Municipal de Teatro de Palas de Rei e a Aula de Teatro do CPI de Touro.

A programación prevista para a xornada deste sábado, sempre e cando as condicións metereolóxicas así o permitan, é a seguinte:

– 09:30 horas: Saída en autobús de Laxe do alumnado da Escola Municipal de Teatro.

– 12:00 horas: Actuación no Teleclub de Loxo da Escola Municipal de Laxe e do Obradoiro Municipal de Teatro de Palas de Rei. Presentarán a obra FICCIÓNS, composta por diferentes escenas de cada unha das aulas e escolas de teatro presentes no festival.

– 14:00 horas: xantar de convivio entre todo o alumando dos diferentes grupos de teatro na contorna do mesmo centro sociocultural en Loxo.

– 16:00 horas: Inicio do Roteiro teatral polo Pazo de Andeade

– 18:00 horas: Actuación de Avelaíñas Teatro, A Estrada, Laxe e da Aula de Teatro do CPI de Touro no centro sociocultural de loxo

– 19:30 horas: Remate das actuacións e regreso cara Laxe.

Con esta viaxe, as saídas de intercambio da Escola Municipal de Teatro daranse por concluídas, pero non por elo, se dará por rematada a actividade da mesma.

Para o próximo venres 24 de maio, por exemplo, terá lugar a representación de varias escenas de animación á lectura que este ano preparou o profesor da escola, Afonso García, co alumnado pertencente aos cursos de primaria e secundaria do CPI Cabo da Area de Laxe e que, ao mesmo tempo, formasen parte da escola de teatro. Tal e comunicamos en ocasións anteriores, estas obras de curta duración, de 10-15 minutos aproximadamente, foron representadas nas instalacións do propio colexio para un público pechado formado por profesores/as e alumnado dos diferentes cursos nos meses de marzo e abril. O vindeiro 24 de maio, estas escenas poderán ser visualizadas por público en xeral. As representacións, terán lugar a partires das 19 horas na Biblioteca Municipal Antón Zapata sempre que sexa posible. Así pois, de 19 a 20 horas terán lugar diferentes representacións levadas a cabo polo grupo de primaria da escola e, de 20 a 21 horas, as do grupo de secundaria. Ao ter a biblioteca un espazo reducido para a asistencia de público, cada representación terá un aforo limitado e, en cada hora, faranse tantas representacións coma público asisite haxa.

Para a primeira fin de semana de xuño, está programada a realización da 6ª edición do Festival anual de Teatro de Laxe, “Teatrapa”, no que, ademais das actuacións dos diferentes grupos da Escola de Teatro de Laxe, contaremos con representacións das outras tres escolas coas que se estableceu intercambio este ano: Palas de Rei, Touro e A Estrada. Sempre e cando o tempo o permita, realizarase de igual xeito que nos outros festivais, un roteiro teatralizado por algúns dos puntos de interese cultural e turístico do noso concello que se darán a conocer en próximas datas.

Así mesmo, lembramos que entre os días 15 e 19 de maio, os alumnos e alumnas de maior idade da escola, xunto co seu profesor, Afonso García, realizarán unha viaxe a Portugal, Estremadura e Madrid cos outros tres grupos de teatro (Palas de Rei, Touro e A Estrada) co seguinte programa:

DÍA 15 DE MAIO:

-Actuación conxunta no Auditorio da Universidade de Chaves (UTAD.).

-Visita á UTAD e Chaves.

-Actuación ás 21:00 horas no Auditorio de Idanha A Nova.

DÍA 16 DE MAIO:

-Realizará unha actividade de animación á lectura no Centro Cultural Raiano de Idanha A Nova para o alumnado do Instituto de Ensino Secundario.

-Participará nun roteiro teatral polas localidades de Idanha A Velha, Monsanto e Penha Garcia.

DÍA 17 DE MAIO:

-Actuación na Sala Trajano de Mérida para alumnado de Educación Secundaria.

-Visita a Mérida e actuación no Teatro romano de Mérida.

DÍA 18 DE MAIO:

-Actuación na entrega de Premios do Festival de Teatro de Navalmoral de la Mata.

DÍA 19 DE MAIO:

-Visita a Madrid e Regreso.

9 de maio de 2013 | 10:44 • Sen comentarios

Comentarios pechados.