publicidade hoxe

A Escola de Música retoma os seus concertos didácticos cunha xira polos colexios do municipios

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalVilagarcía de Arousa
A-
A+

A Escola Municipal de Música aproveita a última parte do curso para levar polos colexios dos municipio unha nova edición dos concertos didácticos. O proxecto deste ano leva por título “Un día con Xián e Antía”, un conto musicado protagonizado pos dous alumnos do centro Bernardo del Río. O primeiro dos concertos didácticos celebrarase mañá, mércores, a partir das 10:00 horas no CEIP de Rubiáns e as actuacións continuarán polos restantes centros educativos ata o mes de xuño.

Os concertos didácticos son unha actividade que a Escola Municipal de Música puxo en marcha xa hai uns anos e que conta cunha grande aceptación por parte dos alumnos que asisten ás actuacións. Con este proxecto, o centro Bernardo del Río pretende fomentar a cultura da música entre todos os escolares, potenciando tanto o seu papel de espectadores como de músicos potenciais. O esquema que seguen os concertos didácticos é o de elaborar un conto musicado mediante o cal, seguindo un fío condutor, os nenos e nenas coñecen os diferentes instrumentos musicais e os grupos aos que pertencen e aprenden de xeito divertido a diferenciar os seus sons.

O equipo de docentes da Escola Municipal estrea este ano un novo conto musicado para os concertos didácticos. Titúlase “Un día con Xián e Antía” e relata a historia e as relacións cotiáns dos protagonistas, ambos alumnos do centro bernardo del Río. Xian é un neno de 8 anos que estuda clarinete na Escola Municipal de Música. No cole está en 3º curso de Primaria, e a súa mellor amiga chámase Antía, una nena tamén de 8 anos. Son veciños, van xuntos ao cole e ás actividades que teñen que facer pola tarde. Antía tamén estuda música na Escola Municipal, ela toca a trompeta, e xuntos teñen feitos moitos concertos nas súas casas. A Xián gústalle moito o fútbol, igual que a Antía, pero o neno é siraeiro do Real Madrid e a nena do Barcelona, pero a pesar desa diferenza, son os mellores amigos do mundo.

A xira dos concertos didácticos inclúe actuacións no CEIP de Rubiáns, a Escola Infantil Municipal, o Colexio de Educación Especial, o Anexo A Lomba, o colexio Filipense Sagrada Familia, a o centro Bata, o CEI Vagalume, o colexio Arealonga, A Lomba, a Escola Infantil Galiña Azul, o CEIP de Carril, o colexio San Francisco, e os colexios de Vilaxoán, O Piñeiriño e A Escardia.

14 de maio de 2013 | 16:59 • Sen comentarios

Comentarios pechados.