publicidade hoxe

A empresa concesionaria dos traballos do campo de fútbol de Serantes ocuparase de repoñer o inmoble veciñal

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrolLocal
A-
A+

A empresa que está a desenvolver as obras do campo de fútbol de Serantes asumirá a reposición ao seu estado orixinal do local social da entidade veciñal, afectado pola execución desta intervención. Así o confirmou o concelleiro de Urbanismo, Infraestruturas e Contratación do Concello de Ferrol, Guillermo Evia Pérez, despois de manter esta mesma mañá unha xuntanza con responsables da empresa, a dirección de obra e técnicos municipais.

Ao respecto, o titular de Urbanismo apuntou que “a empresa asume a súa responsabilidade e se ocupará de repoñer o local veciñal, correndo cos custes que isto lle supoña”. De feito, hoxe mesmo a firma adxudicataria dos traballos do campo de fútbol e a dirección de obra comezaron a traballar na definición da solución a adoptar para repoñer o inmoble veciñal ao seu estado inicial.

30 de maio de 2013 | 18:36 • Sen comentarios

Comentarios pechados.