A deputada provincial, Ana Isabel Vázquez, inaugurará a exposición de José Bellver en Nigrán

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalNigrán
A-
A+

O Salón de Actos municipal albergará entre o venres 31 de maio e o mércores 12 de xuño unha exposición de fotografías de José Bellver, unha magnífica colección de instantáneas datadas entre 1920 e 1950, conservada na actualidade no Museo de Pontevedra.

O acto de inauguración, que se celebrará mañá venres 31 de maio ás 20.15 horas, contará coa presenza da deputada provincial de Cultura, Ana Isabel Vázquez, o alcalde de Nigrán, Alberto Valverde, a concelleira de Turismo, Cultura e Deporte, Liliana Silva, e a comisaria da mostra, Reis Caamiña, do Museo de Pontevedra.

30 de maio de 2013 | 17:18 • Sen comentarios

Comentarios pechados.