publicidade hoxe

A Deputación de Pontevedra concédelle ó Club Cisne de Balonmán unha colaboración de 12.000 €

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesPontevedraProvincias
A-
A+

A deputada provincial, Ana Isabel Vázquez, fixo hoxe entrega da resolución pola cal a Deputación lle concedeu 12.000 € ó club balonmán Cisne de Pontevedra. Esta achega económica procede da liña de axudas deportivas que a institución provincial concede pola participación en ligas e competicións oficiais.

Trátase da colaboración nominativa que cada ano se lle entrega ós clubs para apoiar a súa actividade en función da súa categoría. Con respecto ó Club Cisne a deputada puxo de relevo que se trata dun equipo cunha ampla e consolidada traxectoria e que xoga na primeira categoría nacional.

8 de maio de 2013 | 16:12 • Sen comentarios

Comentarios pechados.