A Coruña súmase ao Día Internacional dos Museos nunha xornada de portas abertas e multitude de actividades
A tenente de alcalde de Cultura, Ana Fernández, presentou esta mañá o programa especial que o Concello deseñou con motivo da celebración, o próximo sábado 18 de maio, do Día Internacional dos Museos: “Este Goberno municipal ten un firme compromiso coa cultura e polo tanto é obvio que non podemos faltar nesta celebración. E facémolo cumprindo con dous dos nosos principais obxectivos: que todos os cidadáns teñan acceso á cultura e que toda a nosa programación se deseñe tendo en conta os máis pequenos e ofrecéndolles actividades didácticas que lles divirtan”.
Así, Fernández destacou os centros que ofrecerán actividades este sábado: a Sala de Exposicións do Pazo Municipal de María Pita, os Museos Científicos, a Sala de Exposicións Palexco, o Museos Arqueolóxico do Castelo de San Antón, a Casas Museo (María Pita, Casares Quiroga e Picasso), o Kiosko Alfonso, a Fundación Luis Seoane, La Torre de Hércules, a Ágora, o Museo de Belas Artes, o Muncyt, o Pazo de Capitanía da Coruña, o centro sociocultural Novacaixagalicia e as Galerías de Arte Montyarte e Arte Xerión.
Respecto á programación familiar desenvolverase nos seguintes centros:
– Sala de Exposicións de Palexco. 12.00 horas. Taller de escultura contemporánea en torno á exposición de José Pedro Croft para familias con nenos e nenas a partir de 4 anos.
– Castelo de San Antón. 17.30 horas. Cuentacuentos teatral Os anacos van ao mar, a cargo de Trinketrinke para nenos e nenas de 3 a 8 anos e as súas familias.
– Museo de Belas Artes. Visita – taller O museo dá memoria en horario de mañá de 11.30 a 12.30 horas e tarde de 17.30 a 19.30 horas, para nenos e nenas de 6 a 12 anos; e visitas comentadas á exposición Os retratos portadores dá memoria.
– Centro sociocultural Novacaixagalicia. Talleres arredor da exposición de Leopoldo Nóvoa para nenos e nenas de 4 a 7 anos ás 16.00 horas e de 8 a 12 anos ás 17.30 horas.
O acto central para os nenos e nenas estará protagonizado por unha actividade ao aire libre: Celebra os Museos: debuxa!; que se levará a cabo na praza de Lugo na que se implicará os máis pequenos da casa nunha actividade artística, divertida e accesible para todos: debuxar. Ás oito da tarde o Obelisco acollerá un concerto do grupo de Jazz Ensemble de la Escuela Municipal de Música. Ambas as dúas actividades desprazaranse aos soportais do Concello” “en caso de chuvia”, explicou Fernández.
Ademais, haberá xornada de portas abertas nos tres Museos Científicos Coruñeses e na Torre de Hércules na que ademais se realizarán visitas guiadas (11.00. 12.00, 17.00 e 18.30 horas) e ao Parque Escultórico (12.30 e 18.30 horas). O Día Internacional dos Museos tamén ofrece outras actividades como unha visita guiada ao Pazo de Capitanía Xeral; visitas comentadas e un concerto no Museo de Belas Artes en colaboración coa Escola de Música; a Fundación Luis Seoane desenvolverá un taller de arquitectura que leva por título A construción de Ranelagh a cargo de Fermín Blanco; Microteatro La Tuerka 27 estará na Casa Museo Picasso e un concerto lírico da soprano Carla Romalde no Museo Casares Quiroga ás 21.00 horas.
Rede ‘Museos de Ciencia. Ruta Norte’
A concelleira de Cultura tamén aproveitou para anunciar a actividade que poñerán en marcha os Museos de Ciencia. Ruta Norte, un grupo de traballo de 13 centros de ciencia que xuntan forzas para a divulgación das súas actividades e ao que pertencen os Museos Científicos Coruñeses. “Con motivo do Día Internacional dos Museos, os centros pertencentes a esta rede colgarán nas súas webs un folleto con todos os centros que forman parte dela. Ao chegar a cada Museo, o visitante deberá presentar a páxina do centro onde se encontra para que llela selen e empezará “así” a gozar “das vantaxes que cada Museo ofreza aos usuarios deste pasaporte e que indicará cada un na súa web”, explicou Ana Fernández que explicou que esta rede ofrecerá ademais premios conxuntos aos visitantes que vaian acumulando selos.
“Museos da Ciencia. Ruta Norte ten como obxectivo primordial o de converter os seus membros nunha senda obrigada no norte de España e ser un referente no desenvolvemento de actividades comúns de divulgación científica”, concluíu.