A Coruña celebra a Festa do Orgullo LGTB con 7 horas de espectáculo e música
A tenente de alcalde de Cultura, Ana Fernández, presentou esta mañá os actos de conmeración do Día do Orgullo LGTB, que se celebran, cada ano, en torno ao 28 de xuño.
Prepararemos unha festa central cunha gran gala o venres 14 de xuño, con 7 horas ininterrompidas de espectáculo e, sobre todo, moita música”, destacou Fernández quen debullou o programa de actividades: “A gran gala contará coa presenza de destacadas iconas gay como Shimai, DJ Neno Fixo ou Soraya; pero ademais fixemos unha aposta moi destacada por grandes profesionais da nosa cidade como Dj Licho, Dj Flashback ou Las Olsens. Licho que xa participou nas dúas últimas edicións do Orgullo coruñés e presenta un espectáculo no que está asegurado a diversión ou Flashback que conseguiu un oco no panorama musical cun estilo baseado na música de sempre con toques de actualidade: música española, disco setentera, clásicos ochenteros, ou hits dos 90; todo con algo en común: que sexa música divertida; sen esquecer o fresco estilo de Las Olsens”, explicou.
O evento, arrancará ás oito da tarde co tradicional desfile do orgullo que percorrerá a cidade en tren dende o Aquarium Finisterrae ata os xardíns de Méndez Núñez onde se desprazarán as celebracións:
. 20.00 horas. Presentación gala con Shimai.
. 20.15 horas. Dj Licho.
. 21.15 horas. Deejays Olsens.
. 22.30 horas. Lectura do manifesto do Orgullo Gay.
. 22.45 horas. Dj Iván Flashback.
. 00.10 horas. Concerto Soraya.
. 02.00 horas. Dj Niño Fixo.
No Aquarium instalarase ademais, entre o 13 e o 28 de xuño, a bandeira multicolor que simboliza o orgullo LGTB.