A Coruña acolle o domingo a III edición da carreira “Contra o cancro… Corre!”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaDeportesLocal
A-
A+
Presentación da marcha solidaria

Presentación da marcha solidaria

O Concello da Coruña, a través da Concellaría de Deportes, informa de que, o próximo domingo, 26 de maio, ás 11.00 horas na explanada de Riazor, se celebra a terceira edición da carreira Contra o cáncer…Corre! organizada polo Concello da Coruña en colaboración coa Fundación FEDYS e Básquet Coruña.

A proba deportiva está dirixida a todas as persoas que o desexen, de todas as idades e condicións físicas, e os beneficios obtidos destinaranse á investigación e programas que realiza a Xunta Provincial da Coruña de la Asociación Española Contra el Cáncer.

Establecéronse diferentes categorías, horarios e distancias. En todas haberá clasificación masculina e feminina, agás a marcha, que será conxunta:

– 11.00 horas: Carreira de minis de 300 metros de lonxitude (nenos e nenas dende que camiñan ata os nacidos despois de 2004). Carreira de menores de 700 metros (dividida á súa vez en benxamín, cría, infantil e cadete que engloba a nenos e nenas nacidos entre 1998 e 2005).

– 11.30 horas: Marcha popular solidaria. 3.000 metros

– 12.00 horas: Carreira de maiores (inclúe as categorías xuvenil, nacidos en 1996 e 1997; absoluta, para nacidos antes de 1995 e ata 35 anos; veteranos 1, entre 36 e 54 anos; e veteranos 2, de 55 anos en diante). Terá unha lonxitude de 5.000 metros.

Os participantes teñen que estar na liña de saída 20 minutos antes da proba. A saída terá lugar no paseo marítimo de Riazor, na zona do Praia Club, e o percorrido transcorrerá en dirección ao Millenium. Os interesados poden realizar a inscrición on line a través da web da Federación Galega de Atletismo: www.atletismogalego.org. Os prezos varían segundo a modalidade e van dos 3 aos 6 euros.

20 de maio de 2013 | 17:38 • Sen comentarios

Comentarios pechados.