publicidade hoxe

A Consellería de Medio Rural e o Concello de Gondomar colaboran na erradicación do Picudo Vermello

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGondomarLocalLocal Portada
A-
A+
Unha das trampas instaladas

Unha das trampas instaladas

A Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia e o Concello de Gondomar colaboran conxuntamente na loita contra a praga do Picudo Vermello. Juan Carlos González, concelleiro de Medio Ambiente, informa de que a Consellería procedeu á instalación de diversas trampas no termo municipal para o control desta praga.

Con esta nova medida preténdese realizar capturas masivas deste insecto co fin de evitar a súa dispersión e poder erradicar a praga. Por outra parte, estas trampas permitirán detectar a presenza do Picudo en zonas nas que aínda non fose detectado.

Esta nova medida súmase ás xa adoptadas no municipio entre as que se encontran a aplicación de tratamentos preventivos e reparadores en exemplares sospeitosos e a tala de exemplares irrecuperables.

Tras acoller unha xornada formativa e dúas charlas divulgativas nas que se logrou incrementar o número de persoas involucradas no plan de erradicación, o Concello de Gondomar segue colaborando activamente con este propósito con esta nova medida.

O concelleiro de Medio Ambiente, Juan Carlos González Camesella, asegura que “o Concello colaborará en todo o posible para minimizar as molestias ocasionadas aos veciños cuxas palmeiras se vexan afectadas por este mal”.

23 de maio de 2013 | 10:27 • Sen comentarios

Comentarios pechados.